venres, 10 de outubro de 2025

Os ovos perdidos


Hoxe dende o museo dos "lagartos terribles" chegounos unha mensaxe: 

"unha T-Rex 🦖 deixou os seus ovos perdidos polo patio do Pombal". 

Bego, como a xefa de estudos que é, recibiu a mensaxe onde lle explicaban que precisaban axuda para atopalos. Polo que Bego, acudiu a buscarnos e así, a súa rapazada, mais a nosa tiñan unha misión. As alarmas do Pombal soaban ( non sabemos se era a T-Rex enfadada que estaba entrando no cole), pero os nosos valentes sairon na procura dos ovos, atopando máis de 50 ovos. Algún deles sufriu algún accidente no camiño, pero temos todos os demáis en auga. 

Nas instruccións do museo nos indicaban que se os atopábamos, tiñamos que metelos en auga para que naceran os bebés...

Que será o que acontecerá o luns? Teremos a clase nosa e maila de Bego cheiña de bebés dinosaurios? 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario