Magosto ( teño poucas fotos pois non tiña a miña cámara conmigo ese día)
Foi un dia moi divertido,de xogos populares, música tradicional galega,castañeiro e castañas quentes para un día moi fresco e con moita auga. Os peques fixeron unhas caixas moi artísticas seguindo a temática deste ano para poder gozar das súas castañas.
Un pouco de sol e de vitamina D, neste frío e chuvioso mes. Estreando novos xogos no patio.
A nosa biblioteca. Grazas a Montse que ven axudarnos unha sesión os venres, podemos gozar dunha horiña da nosa biblioteca onde os xogos de mesa, de luz, a robótica... Ademáis dos libros son os protagonistas.
Ademáis nesa horiña que entra Montse na nosa aula, velaquí a importancia de ter un apoio en infantil que este ano,non nos deron, podemos ir ao horto ou usar,por grupos, a nosa recén inaugurada aula sensorial, que inda lle falta o toque final, pero que grazas a profe Tamara vai collendo forma.
Este mes, ademáis de decorar un precioso paraugas para o día tres de decembro, tal e como nos propuso o equipo de convivencia , participamos nun concurso proposto polo Equipo de dinamización da lingua galega, no que tiñamos que escoller unha palabra galega relacionada co outono: a nosa palabra foi "debullar". E que mellor que coñecela, debullando e experimentando un poco ( o experimento foi un fracaso, pero o pasamos pipa).

Ningún comentario:
Publicar un comentario