xoves, 27 de novembro de 2025

Museo de Pontevedra

Moitos nervios no día de onte. Moita ilusión e sobre todo, moitas ganas de aprender e disfrutar. O bus deixounos nas portas do museo de Pontevedra, onde nos agardaba Paula para ensinarnos o museo e todo o que sabía sobre a prehistoria, peines de ouro, ferramentas de cornos de corzo, cestas, petroglifos, colares poderosos e a fantastica Trea, a boneca que nos invitou a peneirar e atopar oro. Foi moi divertido e didáctico. Ao sair a fame apretaba, breve paseo pola cidade de Pontevedra ata chegar a praza, unha merenda e agozar do barco pirata no parque. E xa tocaba voltar.  


Ningún comentario:

Publicar un comentario