1. MAGOSTO
Queridas familias,
Este curso imos traballar AS PEGADAS
DA PREHISTORIA, é dicir como era o noso mundo antes da historia.
Centrarémonos en 2 acontecementos importantes: os dinosaurios (antes do
ser humano) e os primeiros mamíferos e os humanos (cavernícolas).
No primeiro trimestre e parte do segundo, aprenderemos sobre os dinosaurios e
unha morea de cousas máis a través deles. Pero, para poder levalo a cabo,
sabedes que nos gusta contar coa vosa axuda e aportacións.
Podedes axudar aos vosos fillos-as a facer un pequeno traballo na casa
sobre os dinosaurios ou sobre elementos existentes na
era na que habitaron a terra.
Será de libre elección: unha maqueta: con plastilina, barro, pasta de modelar,
collage… ou buscar de información sobre
a súa alimentación, corpo, características básicas, extinción, fósiles,
arqueoloxía, etc., e plasmala nun folio, cartolina.. con fotos, debuxos…
Podedes centrarvos nun dino concreto, o que lles guste máis ou xeneralizar.
Este traballo será mostrado e explicado polos nenos-as aos demáis compis cando
esté rematado e, como non, subido ao blog da nosa aula.
Tamén podedes aportar algún material que teñades na casa que nos poida servir
para apoiar o proxecto: libros, xoguetes, fósiles…(marcade o nome nas cousas
que traiades para evitar perdelas e así poidan servos devoltas).
Tentade que sexa sinxelo e axeitado á súa idade, algo básico que non lles veña
moi grande para que se sintan capaces e partícipes e que lles serva para
aprender e, sobre todo, disfrutar facendo algo xuntos, en familia.
Se sodes expertos ou afecionados a algo relacionado con este tema, podedes vir
á clase a mostrárnolo.
Se tedes algunha dúbida ou pregunta podedes consultarme.
Podedes traer os traballos durante os meses de novembro e iremos montando unha exposición.
Todo o que vaiamos facendo iremos subíndoo ao noso blog: https://pequesdesarita.blogspot.com/


Ningún comentario:
Publicar un comentario