sábado, 1 de novembro de 2025

Samaín

 Estes días os contos de monstruos, de cabazas e bruxos estiveron a orde do día. Traballamos os nosos medos, e agora sabemos que con coxegas todos os monstruos desaparecen, e que non todos son malos. Tamén descobremos que esto soamente pasa nos contos, nos malos soños ou nalgunha película.

Bandexas sensoriais de diferentes texturas, preparadas xunto coa profe Bego, pois estes días fixemos algunha actividade en conxunto como a merendola que os propios rapaces axudaron a preparar.

Na nosa clase decicimos facer unha cabaza entre todos para levar ao concurso do mercado, e fixemos un monstruo moi artístico seguindo o proxecto anual da biblioteca. Biblioteca que inauguramos esta semana tamén.

Disfrutamos dun túnel "terrorífico" e algún non se atreveu a entrar, pero non pasa nada, quedaron coas bruxiñas boas da entrada.


Gozade desta ponte e nos vemos o martes 4.




                    
 




Ningún comentario:

Publicar un comentario